Thursday 25 de April de 2024

Inícianse os traballos para a pavimentación de vías no lugar de Xarás, na Ponte do Porto


● Esta actuación conta cun orzamento de 31.000 euros e inclúe a limpeza as vías e o pavimentado do firme.

O Concello de Camariñas deu comezo aos traballos para a pavimentación de diferentes vías no lugar de Xarás, na parroquia da Ponte do Porto. Unha actuación que conta cun orzamento de 31.118,13 euros e que está financiada con fondos municipais.

Esta obra consiste na limpeza das beiravías e o pavimentado do firme, que actualmente presenta certo deterioro motivado polo paso do tempo e a acción meteorolóxica.